benvida

benvida
 

A Federación Galega de Confrarías é unha corporación de dereito público constituída no ano 2004 que aglutina ó sector pesqueiro galego integrado nas confrarías de pescadores. Ainda que tódolos subsectores da pesca están integrados nas confrarías, destaca sobre todo o marisqueo e a pesca costeira artesanal e da baixura.

A importancia do sector pesqueiro e marisqueiro galego na dimensión socioeconómica de Galicia é claro. Máis de 12.500 persoas e 4.500 embarcacións faenan na extracción de peixes e mariscos, que anualmente supoñen uns 180 millóns de kgs en primeira venta en lonxa e que xeran uns 440 millóns de euros de facturación, representando máis do 40% de España e do 15% de toda a Unión Europea.

No cadro adxunto vemos os datos totais dos últimos anos:

DATOS XERAIS VENTAS NAS LONXAS PESQUEIRAS

ANO KGS EUROS
2010       187.272.772             457.815.565 €      
2011 183.453.452 474.626.708 €
2012 174.995.144 440.467.356 €
2013 163.314.348 412.826.396 €
2014 187.068.179 431.959.961 €
2015 180.459.160 457.945.400 €
media 5 anos 177.858.057 443.565.164 €
2016 188.456.655 491.664.064 €
2017 (*) 85.893.179 221.411.528 €
(*) os datos 2017 son parciais, a 30 de Xuño

Fonte:pescadegalicia.com

Pola súa banda, a flota pesqueira galega é de máis de catro mil catrocentas embarcacións, onde destaca principalmente a flota de artes menores con case catro mil. No seguinte enlace podes obter o listado actualizado do “rexistro de buques pesqueiros” por modalidades de pesca e caladoiros internacionais, comunitarios ou de aguas do cantábrico e noroeste.