cc-sur

CC-SUR
 
O Consello Consultivo de Augas do Atlántico Sudoeste (CCR-Sur) é un órgano consultivo da Comisión Europea onde, a nivel supra-rexional, os sectores vinculados coa pesca e a acuicultura están representados e organizados para manter unha relación directa de colaboración e consulta coa Comisión, emitindo informes e dictames para a DG-Mare. Participan representantes de España, Portugal, Francia e Bélgica.

A Federación Galega participa desde a creación deste organismo, e ven ostentando a presidencia do Grupo de Traballo de Pesqueiras Tradicionais. Tamén participamos noutros grupos de traballo como o de especies peláxicas, o da zona VIII-IX, e outros talleres creados ad-hoc para debate e estudio de temas de interese, como a obligación de desembarque (descartes). Somos membros do comité executivo, onde o sector extractivo de España ten 4 representantes, correspondendo 2 á altura e 2 á baixura, e sendo un deles a Federación.

-Na sesión de xullo 2014 en Vigo conseguimos aprobar por unanimidade o dictame 89 de reaccións sobre o proxecto de Regulamento de prohibición das redes de enmalle á deriva e para solicitar á Comisión Europea que dita prohibición non se aplicara en artes de tipo artesanal e de pequeno impacto como o XEITO en Galicia.

-Na sesión de abril 2015 en Bilbao tamén conseguimos o apoio unánime para esixir á Comisión Europea normas de etiquetaxe para as conservas e transformados dos produtos pesqueiros que definan claramente o orixe dos ingredientes que representen máis do 50% do produto final, e que está xerando un fraude coa información que se lle da ó consumidor en certos produtos.

http://www.cc-sud.eu/index.php/es/