convenios e subvencións

convenios e subvencións
 
Dentro dos convenios económicos de colaboración coas Administracións Públicas para a súa financiación durante o 2017:

- Convenio coa Xunta de Galicia a través da Consellería do Mar para financiar os gastos correntes. Importe 90.000 euros destinados a cofinanciar os gastos correntes da entidade durante o exercicio.

- Convenio coa Xunta de Galicia a través da Consellería do Mar para financiar inversións para a mellora da competitividade. Importe de 27.000 euros para financiar: inversións de mellora da seguridade na sede e mobiliario de oficina, mellora no equipamento informático, realización de diverso material divulgativo e organización de xornadas de traballo e formación.

No referente ás subvencións públicas, a Federación presentouse en concorrencia competitiva á Orde da Consellería do Mar do 1 de agosto do 2016 que establece as bases reguladoras xerais e se convocan axudas para o ano 2016, en réxime de concorrencia competitiva, a proxectos colectivos financiadas polo FEMP que contribúan á protección e recuperación da biodiversidade mariña a través dunha mellor xestión e conservación dos recursos mariños e dos seus ecosistemas e á sensibilización ambiental. Nesta convocatoria a Federación Galega presentou o “proxecto técnico para a mellora da xestión e estado ambiental dos recursos biolóxicos marinos” e obtivo unha axuda de 22.800 euros cun reparto de 11.400 € para o 2016 e 11.400 € para a anualidade do 2017.