Proxectos Colectivos

PROXECTOS COLECTIVOS: CONTRIBUCIÓN A UNHA MELLOR COXESTIÓN DOS RECURSOS E HÁBITATS COSTEIROS
 

As operacións que contribúen á boa xestión e conservación dos recursos mariños xunto coas tarefas de elaboración de plans de protección e de xestión da pesca e o marisqueo, así como a recuperación e protección da biodiversidade e os sistemas acuáticos, son tarefas que dende a Federación Galega de Confrarías se veñen facendo ao longo dos últimos anos. Todo isto, sempre atendendo ao fomento dunha pesca sustentable dende un punto de vista ambiental, eficiente no uso dos recursos con técnicas innovadoras e baseadas no coñecemento.

A través da Orde de axudas para a realización de proxectos colectivos, a asistencia técnica da Federación Galega realiza unha labor fundamental contribuíndo a unha mellor coxestión dos recursos e á mellora da protección dos hábitats costeiros de Galicia.

Así mesmo, a mellora da información permanente ás persoas que se dedican a actividade pesqueira e marisqueira galega contribúen á mellora na conservación do medio mariño e da biodiversidade das especies, ademáis dunha mellora nas condicións de vida e de traballo, e todo isto forma parte dos obxectivos e das tarefas levadas a cabo pola asistencia técnica da Federación.

Descarga aquí o informe final

Descargar (PDF, 142KB)