que facemos

Que facemos
 
As principais funcións da Federación Galega son:

a)  Actuar como órgano de consulta e colaboración coa Administración na defensa e promoción do sector, e en materias de xestión e ordenación pesqueira.
b)  Representa-las federacións e confrarías de pescadores que a integran, naquelas materias obxecto do seu ámbito de actuación.
c)  Xestionar e coordina-los intereses comúns das confrarías.

A Federación Galega presta servicios de tipo administrativo e de información sectorial, así como propostas de normativa e participación en proxectos e órganos consultivos.

As principais tarefas administrativas son as de manter informadas ás confrarías mediante a emisión de circulares (máis de 200 ó ano), a tramitación dos cambios temporais de modalidade (máis de 1.400 ó ano) así como o rexistro de entrada e saída de documentos, cun volumen de máis de 4.000 documentos recibidos e máis de 1.800 emitidos no ano.

A información e tramitación sectorial e normativa ten que ver coa función de actuar cómo órgano de consulta e colaboración coa Administración. Participamos como interlocutor de toda a normativa pesqueira que se tramita nas Administracións Públicas e damos participación ás Confrarías na fase de audiencia pública.

Como complemento desta información tes a disposición a “Memoria anual completa de actividades da FG”, que foi aprobada na Xunta Xeral Ordinaria do 18 de xuño de 2016 como INFORME DE XESTIÓN 2015, último exercicio aprobado.

Descargar (PDF, 1MB)