REUNIÓNS CON INSTITUCIÓNS EUROPEAS

REUNIÓNS CON INSTITUCIÓNS EUROPEAS

Defendemos as singularidades do marisqueo e a pesca artesanal galegas.

Ó longo deste ano celebráronse varias reunións con representantes de distintas institucións europeas, nas que os representantes da Federación Galega de Confrarías fixeron chegar as principais demandas do sector da pesca artesanal.

-No mes de febreiro realizamos unha visita a Bruselas xunto a outras organizacións pesqueiras galegas para manter reunións de traballo coa DG Mare da Comisión de Pesca e con representantes políticos no Parlamento Europeo para analizar a necesidade de avanzar na implantación de plans de pesca plurianuais e rexionais que nos permitan mellorar as cotas actuais de certas especies como o xurelo e a xarda.

-A finais do mes de marzo unha delegación de eurodeputados da comisión de pesca do Parlamento visitou Galicia para manter un contacto directo cos principais subsectores da pesca galega. Diversos representantes da Federación Galega participaron en tres dos encontros cos eurodiputados: o da comisión do xeito, como membros da comisión sectorial do cerco e o do comité executivo da Federación en representación das confrarías de pescadores e dos máis de 12.700 afiliados.

O encontro que o Comité Executivo da Federación Galega mantivo cos eurodiputados tamén sirveu para dar traslado das principais demandas das Confrarías de Pescadores de Galicia respecto da política pesqueira comunitaria:

        -a defensa da pesca artesanal e do marisqueo,
        -analizáronse as inxusticias do sistema de TACs e cuotas (a aplicación da estabilidade relativa, a incertidume que os TACs anuais non          se coñezan ata mediados de decembro, ou que a pesca artesanal debería estar fora deste sistema de cuotas),
        -as perdas de xerar emprego e actividade económica polas reducidas cotas,
        -exemplos de normativas pesqueiras xeralistas que non sempre son xustas coas singularidades de cada rexión,
        -os próximos plans plurianuais como rexionalización das políticas pesqueiras,
        -medidas necesarias para unha mellora do marisqueo,
        -información ó consumidor e normativa de etiquetaxe,
        -a representación do sector pequeiro e marisqueiro galego.


IMG_3267  img_3268

-Con motivo da visita do Director Xeral da DG Mare a Galicia o día 13 de xuño tivo lugar en Arcade unha reunión do Comité Executivo da Federación Galega no que se deu conta dos principais datos de representación do sector pesqueiro e marisqueiro galego a través das confrarías de pescadores.

Na reunión participou tamén o Secretario General de Pesca Marítima do Estado (Andrés Hermida), e pola Xunta de Galicia a Conselleira do Mar (Rosa Quintana) xunto a outros membros do seu equipo.
Aproveitouse para entregar un documento coas principais demandas das confrarías de pescadores:

        -defensa da pesca artesanal e do marisqueo a pé, pola súa gran incidencia económica e social en Galicia,
        -críticas ó sistema de TACs e cuotas, que non debería aplicarse á pesca artesanal,
        -perdas económicas e de xerar emprego pola falta de cotas dispoñibles,
        -exemplos que a norma xeralista da UE non sempre é xusta na súa aplicación,
        -temores ante a obrigación de desembarque incluida na PPC,
        -medidas necesarias para a mellora do marisqueo,
        -postura ante a normativa de etiquetaxe e a información ó consumidor,


IMG_3478  IMG_3477

-O día 7 de setembro tódalas organizacións galegas con responsabilidades na xestión das lonxas pesqueiras mantivemos en A Coruña una reunión técnica cos responsables da unidade C-3 de accións estruturais (FEMP – Irlanda, España, Portugal, Francia e Reino Unido) e xestión horizontal da recompilación de datos que a DG Mare ten en consulta pública para a súa entrada en vigor no próximo ano.

-No mes de decembro unha representación das principais organizacións pesqueiras galegas acudimos a unha visita ás institucións europeas con responsabilidades na pesca cunha apretada axenda para presentar as principais demandas do sector pesqueiro galego.

-O día 5 pola mañán visitamos a Dirección Xeral de Asuntos Marítimos e Pesca (DG Mare) da Comisión Europea, onde fomos recibimos polo seu Director Xeral, Joao Aguiar Machado a quen entregamos un documento principal de demandas da pesca galega. A continuación mantivemos unha reunión de traballo con Elisa Roller, Xefa da Unidade de Política Pesqueira Común e Acuicultura, e con Miguel Peña, Administrador da Unidade de Política Estructural e Análise Económico.


dgmare_1  dgmare_2

-Na sesión de tarde acudimos ó Parlamento Europeo, invitados polo eurodeputado Francisco Millán Mon e asistimos a unha sesión da Comisión de Pesca do Parlamento.


parlamento_1  parlamento_2

-O día 6 pola mañán visitamos o porto de Zeebrugge e as súas instalacións e mantivemos un seminario de intercambio de experiencias


porto_1  porto_2

-Pola tarde, de volta en Bruselas, mantivemos unha mesa redonda na sede da Fundación Galicia-Europa sobre “A defensa dos intereses pesqueiros galegos ante as institucións europeas”, na que interviron Ana Ramos e Isabel Vázquez da Fundación Galicia-Europa, Borja Velasco e Carlos Aldereguía, Conselleiros de Pesca na Representación Permanente de España ante a UE (REPER), e Daniel Voces, asesor técnico de Europeche.


fundacions_1  fundacions_2

-O día 7 visitamos o Comité das Rexions onde fomos recibimos polo Director Xeral de Relacións Exteriores e coa UE da Xunta de Galicia, Jesús Gamallo, e nos explicou o funcionamento desta institución de ámbito asesor.


comite_1  comite_2