SEMINARIO FINAL DO PROXECTO DO POLBO

SEMINARIO FINAL DO PROXECTO DO POLBO

Debatidas novas propostas para un plan de xestión plurianual.

Os días 14 e 15 de outubro celebrouse en Santiago o Seminario Final do proxecto do POLBO 2016, traballo elaborado nos últimos meses pola Federación Galega de Confrarías en colaboración con OPAGA.

O polbo con nasas é unha das principais pesqueiras da flota artesanal galega, na que participan cada ano unhas 600 embarcacións que consiguen unha media anual de 2.000 Tn en descargas e 10,7 millóns de euros en primeira venta. Como exemplo deste ano 2016, ata o momento van capturadas 2.115 Tn que xeraron máis de 12,5 millóns de euros a un prezo medio de 5,99 €.

Na xornada técnica do día 14 participaron uns 45 asistentes entre científicos, ongs, responsables políticos e sectoriais das Comunidades Autónomas do Cantábrico, Andalucía e Portugal. En primeiro lugar fíxose unha descripción do coñecemento existente a nivel científico e técnico en cuestións biolóxicas, na evaluación das pesqueiras e nos aspectos socioeconómicos. Logo fíxose un análise da xestión que se realiza en cada unha das zonas participantes: Galicia, Asturias, Cantabria, Andalucía e Portugal.

A xornada do día 15 contou cunha asistencia de máis de 90 persoas ó unirse os representantes das Confrarías de Pescadores de Galicia con interese na flota do polbo con nasas. A sesión iniciouse cunha presentación dos resultados obtidos no “Proxecto de Evaluación da pesqueira do polbo en Galicia” nas enquisas contestadas pola flota e nas 3 reunións zonais celebradas durante os últimos 6 meses e continuou cun informe da xornada técnica elaborada no día anterior sobre temas biolóxicos, socioeconómicos e de xestión.

            

Das principais propostas que xurdiron nos 3 talleres participativos que se realizaron, podemos destacar as seguintes:

     Taller 1 sobre coñecemento biolóxico e ecolóxico da pesqueira, seguimento do plan e comunicación interna:

1.1.- necesidade dun estudio da efectividade das vedas actuáis, e sobre a vida útil do polbo,
1.2- necesidade de compartir os datos recompilados pola UTPB para a pesqueira do polbo nos últimos anos e mellorar canles de divulgación,
1.3.- mellorar o funcionamento da Comisión de seguimento,

     Taller 2 sobre gobernanza, toma de decisións, control e vixilancia dentro do plan:

2.1.- establecemento dun novo órgano de xestión baseado nun modelo de co-gobernanza,
2.2.- establecemento duns criterios de evaluación do plan con indicadores de seguimento,
2.3.- basear a eficacia do sistema de vixilancia no consenso e na participación activa das medidas de control,

     Taller 3 sobre aspectos socioeconómicos e comercialización:

3.1.- deseñar unha estratexia de comercialización sobre o polbo para mellorar a concienciación, reducir a economía sumerxida, …
3.2.- crear unha comisión de comercialización para poder logar acordos a nivel galego, estudiar a efectividade de establecer precios mínimos,
3.2.- buscar novas fórmulas de comercialización,

No seguinte enlace podes atopar o informe con tódalas propostas xurdidas nos tres espazos de traballo, coa fin de conseguir un novo plan de xestión plurianual para o polbo en Galicia.

Accede ás presentacións do seminario no seguinte enlace: presentacións seminario polbo