PLAN DE CONTROL DE VERTIDOS

PLAN DE CONTROL DE VERTIDOS

Unha das liñas de seguimento dentro do Plan de acción no marisqueo é a calidade das augas.

No 2017, como parte do Seguimento do Plan de acción no marisqueo en Galicia, leváronse a cabo 4 reunións nas que os técnicos do Plan de Control de Vertidos de Augas de Galicia amosaron a situación actual con respecto ao 2015.

Dende o Plan de Control de Vertidos (PCV), desenvolvido pola subdirección xeral de xestión do Dominio Público Hidráulico de Augas de Galicia, lévanse a cabo diferentes campañas de inspección e seguimento dos puntos de vertido detectados ao Dominio Público, que inclúen a identificación de novos focos de contaminación e catalogación dos diferentes puntos de vertido, asesoramento aos titulares e control do cumprimento das autorizacións de vertido, pero de xeito primordial, as actuacións están orientadas á enmenda dos puntos de vertido con emisións contaminantes constatadas.

No ámbito de aplicación dos traballos que leva a cabo o PCV, que corresponde coa Demarcación Hidrográfica de Galicia – Costa, constitúen un marco moi importante as rías galegas e zonas de costa, no cal se centran prioritariamente as actuacións de seguimento e enmenda dos puntos detectados, co obxecto de reducir as emisións contaminantes e contribuír á mellora da calidade das augas, que repercute de maneira directa no marisqueo da zona

Os informes que se presentan inclúen os puntos de vertido detectados no ámbito litoral dos concellos incluídos en cada grupo indicado. Destacar que, para todos os puntos de vertido detectados, realizouse unha campaña de control de contaminación microbiolóxica para confirmar a presenza deste tipo de contaminantes así como cuantificar a súa magnitude.

Plan de Control de Vertidos por zonas: