XORNADA TÉCNICA “A PESCA E O SEU ENTORNO SOCIOLABORAL”

XORNADA TÉCNICA “A PESCA E O SEU ENTORNO SOCIOLABORAL”

A Federación Galega organizou unha xornada técnica sobre aspectos sociolaborais.

A Federación Galega de Confrarías organizou o 28 de setembro unha Xornada Técnica sobre “A pesca e o seu entorno sociolaboral”, para debatir e analizar aquelas principais cuestións do ámbito social da pesca artesanal e o marisqueo: asistencia médica, saúde laboral, formación, prestacións sociais, seguridade, prevención,…

Cunha asistencia próxima ós 100 asistentes en representación das confrarías de pescadores galegas, hai que destacar a alta participación dos asistentes, que coas contínuas preguntas e consultas ós ponentes, seguiron cun grande interese toda a xornada.


O primeiro bloque da xornada foi adicada a analizar a prevención de riscos no sector pesqueiro así como a nova normativa de equipamentos individuais de protección (EPIs) nos lugares comúns da actividade.

A exposición correu a cargo de Juan Vázquez, técnico de Mar Seguro de Galicia. Pola súa banda, a Xefa da Unidade de Seguridad y Salud do Ministerio de Trabajo na Delegación de A Coruña, Elena Mancha, deu conta dos principais datos e temas sancionados nas inspecións que se fan á flota pesqueira.

A segunda parte contou co Subdirector General de Acción Social do ISM, José María Pérez Toribio quen falou das prestacións por asistencia médica, dos recoñecementos médicos de embarque, da normativa de botiquíns e as alternativas para o cambio da norma europea, saúde laboral, formación sanitaria,...

A última parte contou coa Subdirectora General da Seguridad Social do ISM, Elena Martínez Marqués, quen detallou as novidades da Ley 47/2015 de protección social dos traballadores do sector marítimo-pesqueiro, das prestacións por desemprego e cese de actividade, da xubilación ou dos coeficientes reductores.

 
Nos enlaces adxuntos podes consultar as presentacións que os
poñentes expuseron na Xornada Técnica.

Mar Seguro. A prevención riscos nos lugares comúns e uso EPIs
ISM - Acción social en la pesca
ISM - Convenio 188-2007 OIT, Trabajo en la pesca
ISM - Ley 47-2015 protección trabajadores mar
Vídeo da xornada
Dossier de prensa