convenios e subvencións

convenios e subvencións

Dentro dos convenios económicos de colaboración coas Administracións Públicas para a súa financiación durante o 2024:

- Convenio coa Xunta de Galicia a través da Consellería do Mar para financiar os gastos correntes. Importe 111.000 euros destinados a cofinanciar os gastos correntes da entidade durante o exercicio.

- Convenio coa Xunta de Galicia a través da Consellería do Mar para financiar inversións para a mellora da competitividade. Importe de 27.000 euros para financiar: inversións de mellora da sede, realización de cursos, estudios e xornadas formativas e divulgativas.

No referido ás subvencións públicas, a Federación presentouse en concorrencia competitiva á Orde da Consellería do Mar do 18 de outubro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e se convocan para o ano 2023, axudas a proxectos colectivos financiados polo Fondo Europeo Marítimo de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), que contribúan a reforzar a xestión dos recursos da pesca costeira artesanal para garantir unha actividade económica, social e medioambientalmente sostible (código de procedemento PE209P).

Nesta convocatoria a Federación Galega presentou o proxecto "Mellora da Coxestión dos Recursos Biolóxicos Mariños e do seu Estado Medioambiental" e obtivo unha axuda total de 25.693,74 euros, repartidos en 12.846,87 euros para a anualidade 2023, e 12.846,87 euros para a anualidade 2024.

Os carteis publicitarios da concesión da devandita Axuda e a xornada de divulgación do Proxecto, atópanse no apartado de Proxectos Colectivos.